CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

CLAUSURA DA EXPOSICIÓN 'KOYAANISQATS'

28nov19:30CLAUSURA DA EXPOSICIÓN 'KOYAANISQATS'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+01:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

O xoves 28 de novembro terá lugar o acto de clausura da exposición Koyaanisqatsi: Teatro de la memoria, cunha visita guiada chea de sorpresas na que participarán Alfonso Armada, director e autor da compañía, o pintor Din Matamoro e o artista Darío Basso.

A cita será ás 19:30 nun dos lugares lembrados de Koyaanisqatsi en Vigo: O teatro-cinema Rosalía de Castro, nos baixos do Teatro García Barbón, onde algunhas das montaxes desta compañía enfrontáronse ao escepticismo e a curiosidade do público por primeira vez. Alí, nas portas do teatro, están citados tanto o público participante como a formación de tamborís da ETRAD (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional), para ir xuntos ata Évame Oroza, no casco vello alto de Vigo, onde chegará o desenlace.

Ás 20:00 horas, no local, terá lugar unha pequena conversa na que participarán Armada, Matamoro e Basso así como a acción de despedida da exposición, que se desmontará ante os ollos do público mentres se recorda, a través dos obxectos, a traxectoria da compañía. Quedarán os carteis, as fotos e os obxectos no chan, como mostra da paixón fugaz polas cousas humanas, mentres se recordan o que cada montaxe de Koyaanisqatsi quixo facer, quixo soñar, quixo ser: Cabaret de la Memoria, Dos monólogos náuticos (La caja de Pandora e La balsa de La Medusa), La edad de oro de los perros, Amor mortal, Sin Maldita Esperanza (La noche de la novia e El Señor es mi pastor, nada me falta), Carmencita jugando e El alma de los objetos.

Este será o terceiro acto que acompañou durante estes dous meses á exposición adicada a esta carismática e única compañía de teatro. O primeiro celebrouse o 4 de outubro e contamos coa actriz Anne Serrano, que interpretou un fragmento de Carmencita jugando, asistida por Julián L. Montero. Neste acto, Ricardo Solveira, acompañado ao piano por Nicasio Gradaille, volveu vestir o traxe de arlequín de Cabaret de la Memoria, a montaxe que deu a coñecer á compañía e que tivo a súa estrea en Vigo.

O segundo acto, celebrado o 18 de outubro, co título Facer visible o invisible, contou coa intervención de Paulo Pascual (modulador de ondas co seu impresionante theremín), as actrices Marta Fialho e Nuria Montero Gullón (que leron fragmentos da obra de Armada Los niños no pueden hacer nada por los muertos), ademais de Ricardo Solveira, e do propio Alfonso Armada, que por fin puido viaxar a Vigo tras superar unha prostatitis aguda que lle impediu participar no acto inaugural.

Máis

Hora

28 novembro, 2024 19:30(GMT+01:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events