Clásicos da bossa nova e o jazz

18ago21:00Clásicos da bossa nova e o jazzCONCERTOS | 12,00€21:00(GMT+02:00) Vitruvia Café

Detalles do eventos

En 1963, o saxofonista norteamericano Stan Getz, seducido pola bossa nova que xurdiu en Brasil a mediados dos anos cincuenta, uniuse ao guitarrista e cantante brasileiro Joao Gilberto e xuntos gravaron en Nova York un disco de jazz/bossa nova baixo o soado selo Verve Records. Este álbum publicouse en 1964 e, co tempo, converteuse en obra cume da bossa nova a nivel mundial. Foi nomeado a dez premios Grammy e obtivo catro deles, incluído o de Mellor Álbum. Para facilitar a difusión da música brasileira no mercado anglosaxón, Stanz Getz propúxolle a Astrud Gilberto, esposa de Joao, que era funcionaria e non cantante pero que dominaba o inglés, que participase na gravación dun par de temas alternando estrofas en inglés interpretadas por ela coa voz brasileira de Joao. Así foi, Astrud debutou como intérprete nesta gravación e tivo éxito. Dise que Stan Getz tamén lle propuxo outros asuntos algo máis escabrosos e que tamén nisto logrou a súa participación, pero, falamos agora dunha historía un pouco turbulenta que non vén ao caso. Pasaron case sesenta anos daquel encontro tan especial e a alianza entre o jazz e a bossa nova segue aínda intacta e goza de boa saúde sendo perfecta a fusión que se produce entre a melancolía e a melodía da bossa nova e o lirismo do mellor jazz.

O xoves 18 de agosto, poderemos comprobar en Vitruvia ata que punto tense internacionalizado esta combinación de músicas. A cantante coreana Ju Young Le e o pianista galego Martín Otero, dous novos pero portentosos talentos de sitios tan dispares, interpretarán xuntos clásicos da bossa nova e standards do jazz. Temas como “Samba en preludio” de Vinicius ou “Para machucar meu coracao” de Jobim oiranse por primeira vez no noso espazo. Un luxo gozalo en directo.

Máis

Hora

(Xoves) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Vitruvia Café

Praza de Compostela, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events