Este é un evento repetitivo17 outubro, 2024 19:30
Citas literarias
10out19:30Citas literariasESPECTÁCULOS | De balde19:30(GMT+02:00) Asociación Cultural Évame Oroza
Detalles do eventos
O 10 de outubro dará comezo en Évame Oroza, o ciclo Citas Literarias, co que a asociación quere poñer no foco a palabra literaria falada, tanto na lírica
Detalles do eventos
O 10 de outubro dará comezo en Évame Oroza, o ciclo Citas Literarias, co que a asociación quere poñer no foco a palabra literaria falada, tanto na lírica como na narración, nunha programación que une, baixo o mesmo lema, dous recitais de poesía e un espectáculo de narración oral. O programa, que conta co patrocinio da Deputación de Pontevedra, conta de tres sesións que se desenvolverán todos os xoves de outubro, a partir do día 10 de outubro (19:30 horas). Entrada libre ata completar aforo.
A primeira sesión, que se celebrará o 10 de outubro, estará protagonizada polas poetas Branca Trigo e Lucía Cernadas, ambas as dúas voces novas cun talento xa ben recoñecido entre o público. Branca Trigo codirixe a editorial de poesía Malafera e organiza xunto con outres poetas o micro aberto Cerimonia de gaivotas. Publicou os libros Coñecemento do Medo (2021), Condolore (2022) e trans0 (2024), ademais de participar en diversos volumes colectivos.
Pola súa parte, Lucía Cernadas publicou Sutura (2019) e Espinha (2020), con Leite Edicións, e O corpo é umha promessa (bolero) (2024), con Rodolfo e Priscila. Tamén apareceu en diversas antoloxías poéticas.
Na segunda sesión destas Cita Literarias, que se celebrará o xoves día 17 de outubro, poderemos escoitar as voces dos poetas Pablo Rodríguez e Samuel Merino, mostras da poesía galega máis actual. Para pechar esta pequena pero intensa programación, o día 24 de outubro recibiremos ao actor Evaristo Calvo (Mofa&Befa) que ofrecerá un monólogo.
Máis
Hora
10 outubro, 2024 19:30(GMT+01:00)
Localización
Asociación Cultural Évame Oroza
Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualnovembro
Séguenos nas redes