Detalles do eventos
21 xullo – 11 outubro 2026Salas frontais, 1o andarComisariado: Miguel Fernández-CidProdución: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de VigoItinerancia: Sala Rekalde, Bilbao
Detalles do eventos
21 xullo – 11 outubro 2026
Salas frontais, 1o andar
Comisariado: Miguel Fernández-Cid
Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Itinerancia: Sala Rekalde, Bilbao
Como imaxe da súa primeira individual, realizada en 1989 e titulada Pintura, Alejandra Icaza (Bilbao, 1966) escolle a fotografía, en branco e negro, dunha nena debuxando con xiz sobre o asfalto dunha rúa. Case 40 anos despois, titula Circus a súa exposición no MARCO. Dúas eleccións que definen unha traxectoria moi persoal. A primeira imaxe alude á súa maneira de entender a pintura como unha actitude ligada á vida, que integra con naturalidade a liña, o debuxo, e é quen de xuntar memoria e xogo. O ascetismo da imaxe vai acompañado dunha obra minuciosa e colorista, con pequenas colaxes nas que entretece cor, palabras e fragmentos, nunha clara invitación a que o espectador entre nun mundo íntimo, cheo de referencias que se intúen persoais pero que animan ao diálogo, á complicidade, ao xogo. A idea do circo, como goce e reto, dinamismo e rigor, é unha boa síntese do percorrido por unha obra que se mantén fiel a unhas claves pero que amosa distintos momentos de intensidade.
Alejandra Icaza (Bilbao, 1966) é unha recoñecida artista visual cuxa formación académica se desenvolveu entre Londres (Camden Centre of Art e St. Martin School of Art), Madrid (Círculo de Bellas Artes), Barcelona (Escola Massana), Baltimore (Maryland Institute College of Art), e Nova York (New York Studio School, Manhattan), cidade na que residiu durante dúas décadas. Na actualidade, vive e traballa en Madrid.
A exposición poderá visitarse ata o 11 de outubro no MARCO, en horario de martes a sábado de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 21:00 horas, e os domingos de 11:00 a 14:30 horas.
Información e visitas guiadas
O persoal de salas está dispoñible para calquera consulta ou información, ademais das visitas guiadas habituais: todos os días ás 18.00 / Visitas ‘á carta’ para grupos, previa cita.
Hora
21 xullo, 2026 10:39 - 11 outubro, 2026 10:39(GMT+02:00)
Localización
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
agosto


