REVISTA ABRIL

Circo: Vaya 'ATempo'

01abr19:00Circo: Vaya 'ATempo'ESPECTÁCULOS | De balde19:00(GMT+02:00) CC Vialia

Detalles do eventos

Sesión de teatro no CC. Vialia o venres 1 de abril ás 19:00h

Atempo é un espectáculo de circo contemporáneo, unha conmovedora e lúdica peza artística chea de enerxía, humor e poesía. Mestura impresionantes acrobacias de man a man, danza e teatro xestual, presentando unha visión orixinal da evolución humana. A través da performance, a danza contact, o humor do teatro de imaxes e de impresionantes figuras de man a man, este dúo de artistas conduce ao público nunha viaxe aos instintos da humanidade, propoñendo unha visión diferente do que é ser humano hoxe en día.

Con Atempo, a compañía Vaya interpela á audiencia para que se pregunte polo futuro da nosa especie. “A través do circo contemporáneo falamos sobre os nosos procesos de evolución convidando a quen ve a peza a retroceder ás bases do que fomos, o que quizais somos e o que nos habita.”

Máis

Hora

(Venres) 19:00(GMT+02:00)

Localización

CC Vialia

Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events