
Detalles do eventos
Chega ao Nadal á cidade de Vigo cun Circo situado no Torreiro de festas da Avenida de Castelao, do 4 de decembro ao 9 de xaneiro
Circo de Nadal
Chega ao Nadal á cidade de Vigo cun Circo situado no Torreiro de festas da Avenida de Castelao, do 4 de decembro ao 9 de xaneiro
A carpa e a súa pista central acollerán a artistas chegados desde países como Rusia, Canadá, Venezuela, Colombia e, por suposto, Galicia. Eles serán os encargados de trasladar ao público a un universo máxico. «Equilibrios sobre unha pirámide de cadeiras, bicicleta acrobática, funambulismo, números aéreos, maxia, malabares e unha chea de sorpresas máis irán sucedendo durante os 90 minutos de duración do espectáculo, acompañados de música en directo», anuncian os organizadores.
Nas súas actuacións non faltarán todos os clásicos do Nadal. Desde os Reis Magos a Santa Claus ou ao Apalpador, os máis pequenos poderán entregar as súas cartas e pedir os seus agasallos. Para albergar o espectáculo montarán en Coia unha carpa de 30 metros de diámetro e no interior haberá unha pista-escenario de 11 metros. Serán en total 740 metro cadrados e terá calefacción, así como un hall para recibir ao público. O Circo de Nadal de Vigo anuncia ademais que todas as butacas son individuais, graduadas e con «plena visibilidade» da pista. A decoración do Nadal, con árbores de luz, grilandas e fío musical completan a oferta na que tamén haberá un photocall.
Estrea o sábado 4 de decembro: 18:30 horas
Xornada de portas abertas (entrada gratuíta): 6 e 8 de decembro ás 12:00 horas
Laborables e festivos: (6 e 8 de decembro): 18:30 horas
Sábados: 17:00 e 19:30 horas Domingos: 12:00 e 17:00 horas
Funciones escolares: venres 10 e 17 de decembro ás 10:00 e ás 12:00 horas
Entradas á venda en http://circodenadal.gal/
Máis
Decembro 4 (Sábado) 18:30 - Xaneiro 9 (Domingo) 17:00
Carpa Av. Castelao
Av. de Castelao Vigo Pontevedra