OV430

29nov(nov 29)18:0011xan(xan 11)17:00Circo de Nadal: Viaxe a PolarisPEQUECHOS | Desde 9,60 €(novembro 29) 18:00 - (xaneiro 11) 17:00(GMT+01:00) Avenida Castelao

Detalles do eventos

Na Avenida Castelao, en Coia, o Circo de Nadal combina números clásicos de circo con elementos teatrais, música en directo e unha posta en escena de gran formato. A sinopse de Viaxe a Polaris, o espectáculo deste ano está centrada na busca da luz e na recuperación da esperanza e busca conectar co público a través da fantasía e dos valores tradicionais do Nadal.

A historia xira arredor de Joana, unha nena que emprende unha viaxe ao Reino de Polaris para recuperar a luz da estrela polar, roubada por forzas descoñecidas. Ao longo da aventura, a protagonista contará coa axuda de elfos, fadas e bonecos de neve, nun percorrido que combina acrobacias, humor e escenas .

A produción mestura os números tradicionais de pallasos, malabaristas e acrobacias aéreas con recursos escénicos propios máis contemporáneas. Teatro, danza e música en directo intégranse nunha proposta que destaca pola coidada iluminación, o deseño de son, o vestiario e unha escenografía que pretende envolver o público nun universo invernal e luminoso.

Hora

29 novembro, 2025 18:00 - 11 xaneiro, 2026 17:00(GMT+01:00)

Localización

Avenida Castelao

Other Events