11abr19:0022:00Sesión Nº UNO: CintaadhesivaCONCERTOS| 10,00 €19:00 - 22:00(GMT+02:00) La Lutheria
Detalles do eventos
O sábado 11 de abril, Cintaadhesiva chega a A Luthería dentro do ciclo de música e arte con rexistro audiovisual Sesión Nº UNO de 4mm.
Detalles do eventos
O sábado 11 de abril, Cintaadhesiva chega a A Luthería dentro do ciclo de música e arte con rexistro audiovisual Sesión Nº UNO de 4mm.
A medio camiño entre a poesía escénica e a electrónica, o proxecto de Silvia Penas Estevez e Jesús Andrés Tejada constrúe unha linguaxe propia onde palabra, son e imaxe se entrelazan.
O seu universo abre un espazo íntimo e sensorial no que a emoción, o pensamento e a escena dialogan constantemente, convidando ao público a habitar unha experiencia que vai máis alá do concerto.
En directo, cada peza convértese nun acto vivo onde o visible e o invisible se atopan.
Aforo limitado · Reserva imprescindible
Pases
• 19:00 – 20:00 · Acceso a público de 18:30 a 18:50
• 21:00 – 22:00 · Acceso a público de 20:30 a 20:50
Entrada: 10 € (inclúe consumición)
Reservas
lalutheriacultural@gmail.com
Whatsapp: +34 686 725 864
Hora
11 abril, 2026 19:00 - 22:00(GMT+02:00)


