REVISTA VERAN

13xuñ20:00CINTAADHESIVAESPECTÁCULOS | 10,00 €20:00(GMT+02:00) Teatro Ensalle

Detalles do eventos

O Teatro Ensalle acolle un espectáculo de Cintaadhesiva, un dúo de e-poesía (poesía con música electrónica) composto por Jesús Andrés (vídeo e son) e Silvia Penas (voz). O espectáculo promete ser unha experiencia moi completa, de grande intensidade, que destaca polo seu posicionamento feminista e crítico. En definitiva, trátase dunha reflexión profunda acerca da vida e das formas de actuar do ser humano.

O proxecto Cintaadhesiva parte dunha estreita relación cos diferentes usos da cinta americana, fiso, blu tack e outro tipo de sistemas de fixación e ensamblaxe (agás o loctite e demais fluídos non flexibles), e a súa faceta para unir e superpoñer, sempre sobre unha base porosa e escorregadiza. Disciplinas como poesía, música, videoarte e posta en escena reméndase unhas ás outras nun espectáculo pensado para o directo e para a acción, pois xorde da intención de apelar á escoita e á visión, así como a outras partes sensibles e sensoriais do corpo para que se produza unha vivencia.

Ten como base os ámbitos literario e musical, xa que se trata dun proxecto orixinal dunha poeta e dun músico. Unha parte importante do conxunto son textos poéticos integrados na música (non acompañados). Tamén, intercálanse temas cantados compostos polos mesmos autores.

RESERVA AS TÚAS ENTRADAS AQUÍ.

Máis

Hora

13 xuño, 2025 20:00(GMT+02:00)