CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

cinemAteneo: 'No Other Land'

13nov19:30cinemAteneo: 'No Other Land'ACTIVIDADES PARA O COCO | 5,00€19:30(GMT+01:00) Multicines Norte

Detalles do eventos

A proxección terá lugar o mércores 13 de novembro, ás 19.30 horas, nos multicines Norte. Para este acto o Ateneo Atlántico conta coa colaboración dos propios cines Norte e de Filmin.

O documental máis relevante do ano e un gran favorito para a carreira dos Óscar. Un acto de resistencia creativa na procura da xustiza para o conflito israelo-palestino. Afonda nun conflito histórico que está a vivir o seu peor momento nun filme que ten capas, humanidade e toda a esperanza que se pode ter nestes momentos.
Na última edición do festival de Berlín (2024) alzouse co premio ao Mejor documental (Berlinale Doc Award) e, na Sección Panorama, co Premio do público a película documental.

Argumento

Basilea Adra, un novo activista palestino de Masafer Yatta, Cisxordania, loitou desde a súa infancia contra a expulsión masiva da súa comunidade polas autoridades israelís. A película documenta a erradicación a cámara lenta de aldeas na súa rexión natal, onde os soldados despregados polo goberno israelí demolen gradualmente as casas e expulsan os seus habitantes. Nun momento dado, coñece a Yuval, un xornalista israelí, que o apoia nos seus esforzos.

Ficha técnica

  • Título orixinal No Other Land
  • Ano 2024
  • Duración 95 min.
  • País  Palestina
  • Dirección: Basel Adra,Hamdan Ballal,Yuval Abraham,Rachel Szor
  • Documental
  • Coproducción Palestina-Noruega: Yabayay Media e Antipode Films

Máis

Hora

13 novembro, 2024 19:30(GMT+01:00)

Localización

Multicines Norte

Calle Vía Norte, 22, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events