cinemAteneo: La Jaula de Oro – A Movida

novembro, 2018

07nov19:45cinemAteneo: La Jaula de OroPROXECCIÓN | Desde 3,00€19:45 Multicines Norte

Máis

Detalles do evento

Este mércores 7 de Novembro, ás 19.45 horas, o Ateneo Atlántico inaugura un novo ciclo no cinemAteneo: migrantes. Nel preténdese ofrecer unha visión diversa e cinematográfica dos fenómenos migratorios. Escomenza coa película mexicana La Jaula de Oro, que permite revivir as dificultades da travesía que emprenden os miles de migrantes que tentan chegar aos Estados Unidos a traves de centroamérica. Película de rabiosa actualidade, crúa e lírica á vez, axúda a comprender mellor a transformación emocional que se produce nas persoas que acometen esa viaxe.

Presentará o coloquio o xornalista José Ángel Xesteira. A súa vinculación co cinema venlle de moi antigo poís exerceu durante 18 anos como crítico de cine no Faro de Vigo, onde tamén foi redactor xefe de Cultura e Peche.

As entradas estarán disponibles por 3€ para socios/as e 4€ para non socios
Ficha técnica
Título original: La Jaula de Oro (VOE)
Ano: 2013
Duración: 110 min.
País: México
Dirección: Diego Quemada-Díez.
Guión: Lucía Carreras, Gibrán Portela, Diego Quemada-Díez.
Reparto: Brandon López, Rodolfo Domínguez, Karen Martínez, Carlos Chajón, Héctor Tahuite.Sinopse: Tres xoves dos barrios baixos de Guatemala emprenden o camiño cara aos Estados Unidos na procura dunhas oportunidades que non teñen no seu país. No seu viaxar unirase a eles Chauk, un indíxena da serra de Chiapas. A pé, en trens de carga ou coa axuda das mafias, afrontan xuntos as dificultades do tránsito.

Hora

(Mércores) 19:45

Lugar

Multicines Norte

Calle Vía Norte, 22, 36204 Vigo, Pontevedra

X