bannerSGPL

febreiro, 2020

18feb19:40CinemAteneo: 'Hannah Arendt'ACTIVIDADES PARA O COCO | 4,00€19:40 Multicines Norte

Máis

Detalles do evento

Sempre hai motivos, máis ou menos próximos, para achegarse ao pensamento teórico de Hannah Arendt. O concepto da “banalidade do mal” que ela introduciu, tense convertido nunha auténtica pedra filosofal para entender os acontecementos do noso presente. Moitas veces mal interpretada, dende o Ateneo Atlántico queremos achegarnos á súa obra e influencia da man da película que sobre ela se estreou no ano 2012 e do coloquio posterior, presentado por Ángel Pérez, do Seminario de Filosofía.
Ficha Técnica:
Título: Hannah Arendt
Ano: 2012
País: Alemaña
Duración: 113 min
Dirección: Margarethe Von Trotta
Guión: Margarethe Von Trotta e Pam Katz
Intérpretes: Barbara Sukowa, Axel Milberg, Janet McTeer, Julia Jentsch
Sinopse: Biografía filmada da vida da pensadora alemá, e o seu traballo como xornalista durante o xuízo a Adolf Eichmann, que lle levou a escribir o libro “As orixes do totalitarismo” e a convertela nunha das teóricas máis influentes da segunda metade do século XX.

Hora

(Martes) 19:40

Lugar

Multicines Norte

Calle Vía Norte, 22, 36204 Vigo, Pontevedra

X