UNDERFEST

22out19:30CinemAteneo: 'Adiós'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) Vitruvia Café

Detalles do eventos

O Ateneo Atlántico presenta o filme Adiós do realizador cubano Yoel Cano, protagonizado por Orisel Gaspar, que estará presente na proxección. 

Sipnose:

Trátase do segundo filme da triloxía de Joel Cano. Adiós é a segunda parte de Siete días siete noches, gañadora de varios premios, entre os que cómpre destacar o Globo de Ouro (Montgolfière d’or) na 25 edición do Festival des 3 Continents.
 Adiós, cun presuposto total de 10.000 euros, rodouse en diferentes localizacións entre 2002 e 2004, maioritariamente en Cuba, pero tamén en Francia e Vigo (Casco Vello, Chapela, Camposancos…)
O filme non ten guión impreso, senón que foi transmitido aos dous protagonistas principais de xeito oral, polo director Joel Cano. Como técnica cinematográfica destaca o plano e o contraplano, ademais dos planos xerais e dos vídeos filmados polos dous personaxes protagonistas.

Hora

22 outubro, 2025 19:30(GMT+02:00)

Localización

Vitruvia Café

Rúa da Reconquista, 7, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events