>
Detalles do eventos
Entre o 22 de agosto e o 6 de setembro, ten lugar Era una vez en una mansión británica, un ciclo de cinema para conmemorar o centenario da
Detalles do eventos
Entre o 22 de agosto e o 6 de setembro, ten lugar Era una vez en una mansión británica, un ciclo de cinema para conmemorar o centenario da doazón do Pazo de Castrelos ao pobo vigués. Seis proxeccións ao aire libre -nos xardíns da parte dianteira do Pazo de Castrelos- arredor da cultura británica e as grandes mansións inglesas, ligadas ás orixes deste espazo histórico. Porén, a última proxección é unha excepción: Antes de Nós trata a vida de Castelao, con motivo da conmemoración do ano de Castelao este 2025, polo 75º aniversario da súa defunción.
Todas as proxeccións serán os venres e sábados ás 22:00 h con acceso libre ata completar o aforo. Ademais das 200 cadeiras, tamén é posible ver os filmes de pé, rodeando a zona. Segundo o alcalde, un dos obxectivos principais desta proposta é poñer en valor o Pazo e o Parque de Castrelos, buscando que os vigueses se familiaricen cos mesmos.
CARTELEIRA COMPLETA
- Venres, 22 de agosto: Corgi: Las mascotas de la reina (para todos os públicos)
- Sábado, 23 de agosto: Emma
- Venres, 29 de agosto: El jardín secreto
- Sábado, 30 de agosto: Puñales por la espalda
- Venres, 5 de setembro: Misterio en Venecia
- Sábado, 6 de setembro: Antes de Nós
Pódese consultar un artigo con máis información, premendo AQUÍ.
Hora
22 agosto, 2025 22:00(GMT+02:00)
Localización
Xardíns do Pazo de Castrelos
Camiño Corredoura, 41, 36213 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xuño

