Este é un evento repetitivo8 agosto, 2026 18:00
Detalles do eventos
Cinema a Pedal regresa a Nigrán cunha nova edición de cine, deporte, medioambiente e participación cidadá. A cuarta edición do festival desenvolverase os días 7 e 8 de agosto
Detalles do eventos
Cinema a Pedal regresa a Nigrán cunha nova edición de cine, deporte, medioambiente e participación cidadá. A cuarta edición do festival desenvolverase os días 7 e 8 de agosto no Esteiro da Foz (Ramallosa), que se convertirá de novo nun cinema baixo as estrelas alimentado coa enerxía xerada polo propio público a golpe de pedal.
✨ VENRES 7 · Sesión familiar
🧩 18:00–21:00 · Xogando Miudiño
🎬 22:00 · A bici do elefante, de Olesya Shchukina (@olesya.shchukina)
🎬 22:10 · A bicicleta de Bartali, de Enrico Paolantonio
✨ SÁBADO 8
🧩 18:00–21:00 · Sororas Xogos Tradicionais
🎬 21:45 · Beauty (con presentación dos directores Edu Muñoz e José del Corral, o produtor Fran López de @toma_cafe_films e varios dos riders protagonistas)
🎬 22:15 · Estrany riu, de Jaume Claret Muxart (@jaumeclaretmuxart)
♻️ Entre pedalada e pedalada…
👕 Troco Fest de intercambio de roupa (@amigasdaterra_galicia)
🔧 Espazo de reparación con Amigas da Terra
💻 Venres: reparación de electrónica
🧵 Sábado: reparación de roupa
🚴♂️ O sábado tamén estará @elreciclistadebaiona para a posta a punto e pequenas reparacións de bicicletas eléctricas e convencionais.
Hora
7 agosto, 2026 18:00 - 23:00(GMT+02:00)
Localización
Esteiro da Foz
36393 Baiona, Pontevedra
Hoxe móvese
agosto


