CONCERTOS CASTRELOS
DIA DE GALICIA

Cinema a Pedal

12xul(xul 12)17:0014(xul 14)19:00Cinema a PedalFESTIVAIS E FEIRAS | De balde17:00 - 19:00 (14)(GMT+02:00) A Foz, Ramallosa

Detalles do eventos

No 2022 nacía en Nigrán unha proposta de ocio diferente: cine, en verán, ao aire libre e proxectado coa enerxía do pedaleo dos asistentes. Tres anos despois, a proposta consolídase, crece en días e ofrecendo en cada edición máis actividades paralelas á proxección de filmes, tanto para nenos como para adultos, ademáis de foodtrucks e ecomercado. Todo isto con acceso libre e de balde no Esteiro da Foz da Ramallosa.

A partir do venres ás 17:00 abriranse os postos de comida e artesanía e as persoas interesadas poderán achegarse a pedalear para ir cargando as baterías que prenderán o proxector. Tamén a esa hora instalarase unha zona de xogo libre organizada por Miudiño. Ás 19:30 h, unha sesión músicopoética con M.A. Barreira e a poeta viguesa afincada en Nigrán Vanessa Glemsel tomará o relevo. Ás 22:00, iniciaranse as proxeccións coa curtametraxe As Solistas, unha fermosa animación francesa sobre a liberdade; seguida do clásico Las bicicletas son para el veranode Jaime Chávarri, unha adaptación da obra de Fernando Fernán-Gómez eloxiada polas súas reflexións, tenrura, emoción e humor fronte á adversidade. Un filme de visión obrigada nestes tempos que vivimos.

A xornada do sábado 13 de xullo comzará ás 12:00 na Biblioteca Pública de Nigrán coa presentación do libro As bicicletas si son para Galicia, de Catro Ventos Editora, acompañada dun petisco e un viño de Paco & Lola. As actividades retomaranse ás 17:00 no Esteiro da Foz cunha sesión de ioga para todos os públicos. Ás 18:00 comezará o obradoiro infantil Paper Cinético que achega o cinema primixenio ao público máis miúdo propondo a construccións dun zoótropo xigante. Ás 19:15 Alba Villanueva e Fabián Freiría, de Aventura Plástica, presentarán o seu proxecto de sensibilización medioambiental especializado en residuos plásticos. O agradable son indie-pop do grupo El último ciclista tomará o relevo ás 20:00.

En canto ás proxeccións do sábado poderá desfrutarse sa curta The cycling wind, da veterana directora Nazanin Sobhan, unha fermosa e artística animación iraniana; e a longametraxe alemá Barbara, de Christian Petzold, gañadora do Oso de Prata na Berlinale 2012. O filme céntrase nunha médica recén chegada a un hospital da RDA. O festival pechará o domingo 14 de xullo cunha proxección para o público infantil ás 18:00 no Auditorio do Concello de Nigrán: Tía Hilda, longametraxe francesa que combina humor, aventura e unha fonda mensaxe sobre a importancia de preservar a biodiversidade.

Máis

Hora

12 xullo, 2024 17:00 - 14 xullo, 2024 19:00(GMT+02:00)

Localización

A Foz, Ramallosa

Paseo Torrente Ballester, 56, 36370 Nigrán, Pontevedra

Other Events