VIALIA
bannerPicnicSesions

Cineforum: 'Lesbofobia. Un documental y diez respuestas'

26abr20:00Cineforum: 'Lesbofobia. Un documental y diez respuestas'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00)

Detalles do eventos

A Asociación Nós Mesmas organiza unha serie de actividades ao longo da semana para conmemorar e reivindicar o Día da Visibilidade Lésbica, o 26 de abril.

O luns 26 de abril organizan un Cineforum online co documental ‘Lesbofobia. Un documental y diez respuestas’, no cal se fará o visionado do filme e un posterior coloquio. Tamén contarán con Maria Luisa García, coordinadora de atención de Creación Positiva, coa que faremos en directo a introducción do documental e falaremos das reivindicacións pola visibilidade lésbica.

SINOPSE
Que situacións de violencia viven hoxe en día as mulleres lesbianas? De que maneira enfróntanse a elas? Que problemas hai de fondo? Que realidade sostén que aínda sigan ocorrendo? Que respostas e estratexias podemos dar e poñer en práctica como sociedade para acabar con esta –e outras– discriminacións?
Dez testemuños desde a cidade de Barcelona achegan a súa vivencia e visión, articulando un discurso coral para visibilizar, denunciar, analizar os problemas de fondo e atopar respostas e estratexias para acabar coa lesbofobia… en intersección con outras violencias.

Para obter o enlace ao evento online hai que contactar coa asociación a través do correo electrónico nosmesmas@felgtb.org.

Luns 26 ás 20:00

PROGRAMACIÓN
– 26 de abril ás 20h: Cineforum ‘Lesbofobia. Un documental y diez respuestas’
– 27 de abril ás 19.30h: Conversas con A Panadaría

Máis

Hora

(Luns) 20:00(GMT+02:00)

Detalles do evento virtual

O evento xa tivo lugar!