Cineclube Sunset Boulevard: Ciudadano Kane

27out19:00Cineclube Sunset Boulevard: Ciudadano KaneACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) Museo Marco

Detalles do eventos

Volve o cineclube Sunset Boulevard ao MARCO, esta vez coa proxección do clásico de Orson Welles ‘Ciudadano Kane’.

SINOPSE

Un importante magnate estadounidense, Charles Foster Kane, dono dunha importante cadea de xornais, dunha rede de emisoras, de dous sindicatos e dunha inimaxinable colección de obras de arte, morre en Xanadú, o seu fabuloso castelo de estilo oriental. A última palabra que pronuncia antes de expirar, ”Rosebud”, cuxo significado é un enigma, esperta unha enorme curiosidade tanto na prensa como entre a poboación. Así, un grupo de xornalistas emprende unha investigación para desentrañar o misterio.

Vindeiras proxeccións:

24 de novembro: ‘Cleo de 5 a 7’ de Agnes Varda
15 de decembro: ‘Dersu Uzala’ de Akira Kurosawa

Debido ás medidas COVID, o aforo está limitado a 32 persoas. Polo que é necesaria pre-inscrición, por teléfono 986 113900 extensión 100, ou email recepcion.marco@gmail.com

Máis