CINECLUBE LUMIÈRE: 'OS CANS' DE MARCELA SAID – A Movida

novembro, 2018

19nov20:30CINECLUBE LUMIÈRE: 'OS CANS' DE MARCELA SAIDPROXECCIÓN | 4,00€20:30 Auditorio Municipal do Concello

Máis

Detalles do evento

SINOPSE

Unha muller pertencente á burguesía chilena ocupa os seus días dirixindo unha galería de arte e aprendendo a montar a cabalo. Desprazada polo seu pai e o seu marido dos negocios familiares, comeza a sentirse atraída polo seu profesor de equitación, un ex coronel do exército. Un día, chegan buscando o coronel pola súa participación en crimes durante a ditadura.

MARCELA  SAID

Directora, guionista, fotógrafa, actriz e produtora nada en Santiago de Chile en 1972. Licenciada en Estética en Chile, no 1996 trasládase a Francia para a realizar un máster en técnicas e linguaxes  de medios na Sorbona. Tres anos máis tarde estrea o seu primeiro traballo documental, Valparaíso, producido por Les Films d’ Ici para a televisión francesa. No 2001 dirixe I Love Pinochet, un documental centrado no ditador chileno,  galardoado en varios festivais.  Volve a Chile no 2007 xunto co seu marido, Jean de Certeau -tamén cineasta- co que realiza o documental Opus Dei, unha cruzada silenciosa, centrado na influencia desa organización católica en Chile. O seguinte traballo xuntos foi o  filme O mocito, sobre a vida de Jorgelino Vergara, un home que traballou nun centro de tortura durante o rexime militar chileno e que foi estreado na Berlinale 2011.
O verán dos peixes voadores (2013), no que retrata a difícil convivencia dos chilenos.

Hora

(Luns) 20:30

Lugar

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X