VIALIA
bannerPicnicSesions

Cineclube Lumière: 'Cómo robar a un país'

10mai18:00Cineclube Lumière: 'Cómo robar a un país'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde*18:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Cineclube Lumière en colaboración coa Universidade de Vigo proxecta ‘Como roubar a un país’ (2019) de Rehad Desai e Mark J. Kaplan, un feroz documental que denuncia o atraco da economía en Sudáfrica por parte dos seus cargos políticos.

SINOPSE
Un grupo de xornalistas de investigación destapa un caso de corrupción no que está implicado Jacob Zuma, quen foi presidente da República de Sudáfrica ata o 2018. Pouco despois, a redacción recibe unha campaña de desinformación. Dous mozos dunha empresa tecnolóxica atoparon as probas que deixaban ao descuberto o modus operandi tras o secuestro económico do estado de Sudáfrica, por parte de intereses privados e coa axuda dalgúns políticos. Grazas ao amigo Zuma, os membros da familia india Gupta utilizaron os fondos dun país no seu propio beneficio para adquirir participacións das minas de cabrón, de medios de comunicación e de empresas tecnolóxicas e, mesmo, para ocupar algún cargo público. Cando se abre unha investigación xudicial, o presidente Zuma declara que todo son mentiras e noticias falsas. Fronte ao aumento dos vínculos entre intereses privados e o Goberno, os xornalistas pregúntanse se queda lugar para a xustiza na incipiente democracia surafricana, que con tanto esforzo custou gañar.

*Acceso gratuito para a xente comunidade universitaria e persoas asociadas ao cineclube, 2€ para o resto do público.

Luns 10 ás 18:00

Máis

Hora

(Luns) 18:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events