Cineclube Lumière: 'A BETTER MAN' – A Movida

decembro, 2018

10dec20:30Cineclube Lumière: 'A BETTER MAN'PROXECCIÓN | 4,00€20:30 Auditorio Municipal do Concello

Máis

Detalles do evento

SINOPSE

Unha produción valente e necesaria da actriz e cineasta Sarah Polley que trata un novo paradigma para a prevención da violencia machista.

O filme presenta unha serie de conversacións íntimas entre unha exparella na que houbo violencia doméstica durante dous anos. Vinte dous anos máis tarde,  Attiya pide a Steve que se reúna con ela porque quere saber como recorda el a relación e se está disposto a asumir a responsabilidade das súas accións violentas.

Attiya decide filmar este primeiro encontro co seu maltratador. Esta reunión, emocionalmente crúa, marca un novo comenzo no proceso de recuperación de Attiya, así como un punto de partida importante para Steve que, fala por primeira vez do abuso, e abre a porta para tratar o pasado.

ATTIYA  KHAN 

Guionista e realizadora. Ten sido avogada de mulleres e nenos que teñen sido maltratados, e vén traballando en programas de refuxio familiar. O filme parte da súa experiencia persoal cando era adolescente.

Como activista, presentou numerosos eventos e conferencias relacionados coa violencia doméstica. Xunto coa súa familia, foi a cofundadora dun programa de becas YWCA-Toronto para superviventes de violencia doméstica.

Este filme é o seu último traballo.

LAWRENCE JACKMAN

Realizador, guionista e montador afincado en Toronto. Durante os últimos quince anos ven traballando en filmes independentes. Tamén traballa como consultor editorial asociado coa National Film Board de Canadá. Interésase, como editor e director pola narración creativa dos filmes e investiga sobre os límites do xénero. No 2011 dirixe How Feels, un documental musical sobre a historia dunha cantante con parálise cerebral.

Este fime é o seu último traballo.

Hora

(Luns) 20:30

Lugar

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X