Detalles do eventos
Arranca A metamorfose vital, o ciclo de cinema deste outubro do Cineclub Lumiére. Consideramos metamorfose as mudas que experimenta calquer ser vivo, sexan de tipo
Detalles do eventos
Arranca A metamorfose vital, o ciclo de cinema deste outubro do Cineclub Lumiére. Consideramos metamorfose as mudas que experimenta calquer ser vivo, sexan de tipo estrutural ou funcional, que afectan a calquer etapa da vida. A muda é transformación en primeiro termo, pero tamén é desenvolver unha folla de ruta cara unha nova viaxe. Liberar o lastre que impide agromar e prosperar a exploración exitosa dunha senda diferente. Nos filmes deste pequeno ciclo amosamos esa nova folla de ruta vital con personaxes que agardan atopar un xeito mellor de relacionarse coa contorna que teñen diante. Saben que a vida case nunca é como a imaxinaron…
Nesta ocasión, proxéctase Pod Wulkanem (Damian Kocur, 2024), cuxa sinopse é a seguinte:
Unha familia ucraína está a gozar dos seus últimos días de vacacións en Tenerife. Non imaxinan o xiro que terán nas súas vidas cando cheguen ao aeroporto e os informen da guerra: Rusia ten invadido o seu país e non poden viaxar alí de volta.
Hora
6 outubro, 2025 20:30(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
agosto


