
Detalles do eventos
Programación do XXXII aniversario do Cineclub Lumiere ‘Breve historia do cine europeo’. Programa de cine europeo con filmes premiados e relevantes entre os anos 60s e 90s, cos
Detalles do eventos
Programación do XXXII aniversario do Cineclub Lumiere ‘Breve historia do cine europeo’. Programa de cine europeo con filmes premiados e relevantes entre os anos 60s e 90s, cos que pretendemos facer unha homenaxe e recoñecemento a cineastas que foron e siguen a ser unha fonte de inspiración das xeracións posteriores, cuxos traballos son referentes imprescindibles do cine contemporáneo actual.
Todas as sesións ás 20:30h, no Auditorio Municipal da praza do Rei.
A cota de entrada única no mes de xuño é de 300 €. Pódese abandonar a sala nos primeiros 15 minutos para recuperar os cartos.
2 XUÑO, UNHA INGLESA…
Unha ollada adiantada ao seu tempo, con temas vetados abordados con empatía. O traballo é un retrato da orixe do cine social británico do que beben posteriormente cineastas como Ken Locah, Stephen Frears ou Mike Leigh…
9 XUÑO, UNHA ALEMANA…
Si críamos cos bulos e o debate sobre a liberdade de prensa era algo desta época, o filme amosa que non é así. Adaptación dunha novela na que se fala da prensa sensacionalista e das súas consecuencias…
16 XUÑO, UNHA ITALIANA …
Unha das directoras máis polémicas do cine italiano adapta unha novela coa que constrúe unha reflexión sobre as pulsións humáns…
23 XUÑO, UNHA FRANCESA…
Un retrato do cinismo e mezquindade da condición humán ao tempo que fai unha homenaxe aos xogos de intriga Hitchcocknianos cun dos actores fetiche do cine francés…
30 XUÑO, UNHA ESPAÑOLA …
Filme atrevido e desmitificador polo que desfila un elenco importante do cine español do momento. Xa veredes como, pese ao tempo pasado, a cousa non ten mudado moito…
Máis
Hora
16 xuño, 2025 20:30(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual