>
Detalles do eventos
Rematamos outubro co noso filme sorpresa, nesta ocasión apostando polas relacións familiares que dan título ao ciclo “Ritos, tradicións e familia”, temos un filme estadounidense
Detalles do eventos
Rematamos outubro co noso filme sorpresa, nesta ocasión apostando polas relacións familiares que dan título ao ciclo “Ritos, tradicións e familia”, temos un filme estadounidense ambientado na fría e nevada Minnesota que fala dos conflítos e desencontros cotiás, e dos referentes xeracionais no seo familiar. Un filme co que tamén queremos facer unha homenaxe a un dos actores máis transversais da historia do cine, recentemente falecido, que acadou varios premios con este traballo.
Se unha vez iniciada a proxección alguén decide saír, poderá facelo durante os primeiros 15 minutos e devolveráselle o importe da cota pagada.
A sesión, no Auditorio Municipal do Concello, na praza do Rei.
Hora
28 outubro, 2024 20:30(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra


