8MDEPUTACION
bannerVialia

27xuñ20:30Cineclub Lumière: 'Como alguén namorado'ACTIVIDADES PARA O COCO | 6,00€20:30 Auditorio Municipal do Concello

Cineclub Lumière: 'Como alguén namorado'

O vindeiro luns día 27, temos a derradeira proxección do ciclo de Abbas Kiarostami coa proxección do filme “Como alguén namorado”. A cita é ás 20:30h, no Auditorio Municipal do Concello, na praza do Rei.         

Como alguén namorado
XAPÓN/FRANCIA 2013; 109’ V.O.S.C.

Sinopse

Unha universitaria xaponesa vende o seu corpo en Tokio para acadar cartos e poder pagar os seus estudos. Inesperadamente, atopa unha sorprendente tenrura por parte dun cliente de avanzada idade.

O filme é unha historia intimista de soedades que oprimen, de mentiras que pesan, de segredos gardados. Un anaco de vida relatado con especial esmero, pero tamén sometido á visión caprichosa do seu director que antepuxo unha ollada aberta para que o público ilumine como poda esta historia, case unha historia de amor.

 Luns ás 20:30h   

Máis

Hora

(Luns) 20:30

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X