Detalles do eventos
En novemnbro o Cineclub Lumière estrea o ciclo”ARXENTINA: OLLADAS DE AMOR, HUMOR E DOR”. Neste pequeno ciclo amosan algunas olladas da última colleita que se veñen paladeando nos
Detalles do eventos
En novemnbro o Cineclub Lumière estrea o ciclo”ARXENTINA: OLLADAS DE AMOR, HUMOR E DOR”. Neste pequeno ciclo amosan algunas olladas da última colleita que se veñen paladeando nos festivais internacionais. Crise, exploración, agonía e perfección son nocións presentes nestas historias, encaradas coa resistencia e a esperanza para tratar de compensar dificultades e agotamento.
Todas as sesións son os luns ás 20:30h no Auditorio Municipal do Concello e teñen un prezo de 6,00 €
Luns 3 de NOVEMBRO ás 20:30h – ‘SIMÓN DE LA MONTAÑA’, de Federico Luis Tachella
ARXENTINA/CHILE 2024; 98′ V.O.
Simón, un mozo de vinteún anos sinte que non encaixa na a súa contorna. El trata de modificar a realidade para acomodala aos seus gustos, fai amizade cuns mozos con discapacidade que tratan de intimidar ao mundo coas súas propias regras.
Luns 10 de NOVEMBRO ás 20:30h “Los domingos mueren más personas”
Iair Said reflexiona sobre a morte e a identidade, unha historia íntima cargada de existencialismo, humor e tradición. Un filme reparador, que invita a cuestionar principios.
Luns 17 de novembro “Adiós Buenos Aires“
German Kral trasládase á Arxentina do 2001 de políticos corruptos, medidas financieiras caóticas, crise social, pero tamén de personaxes entrañables que reflicten humanidade cando veñen mal dadas.
Hora
17 novembro, 2025 20:30(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
novembro



