Cineclub Lumière: Abbas Kiarostami - O poeta cotiá
Detalles do eventos
“Somos incapaces de fixarnos no que temos diante, a menos que esté dentro dun marco”, Abbas Kiarostami Realizador, guionista, actor, produtor, montador, poeta, pintor, fotógrafo
Detalles do eventos
“Somos incapaces de fixarnos no que temos diante, a menos que esté dentro dun marco”, Abbas Kiarostami
Realizador, guionista, actor, produtor, montador, poeta, pintor, fotógrafo e artista nado en Teherán en xuño do 1940. Amosou un precoz talento pola pintura, o que o leva a estudar Deseño e Ilustración na Facultade de Belas Artes. As primeiras experiencias laborais estiveron relacionadas con ese campo, deseñando carteis e ilustrando contos infantís. Nos anos 60 traballa en publicidade e colabora na elaboración de créditos para filmes. No 1969 funda cun amigo o Departamento Cinematográfico do Instituto de Desenvolvemento Intelectual de Nenos Adolecentes, que pronto convírtese nun dos máis prestixiosos estudos de Irán. En 1970 chega a primeira curtametraxe “O pan e o calexón”. Até 1991 traballa sobre rapazada con intérpretes non profesionais. “o sabor das cereixas” (1997), dálle sona mundial; cunha extensa filmografía é un dos directores máis importantes do cine iraní contemporáneo. È tamén popular no mundo da arte, e ten feito exposicións das súas fotografías e poesías en moitas galerías. No 1997 acada a medalla de Prata Federico Fellini da UNESCO.
A súa obra é un retrato da nación persa; caracterizada como unha sociedade ríxida e conservadora, pero ao mesmo tempo cálida e solidaria, o peso da tradición relixiosa opera como un axente opresivo para a cidadanía no universo kiarostamiano, que a súa vez ten fórmulas de cortesía nas que a colaboración entre descoñecidos se impón como norma. O seu legado cinematográfico é a testemuña dunha nación históricamente maltratada que contrasta co burdo estereotipo imposto pola ollada mediática occidental.
Morreu en París en xullo do 2016.
Facemos o ciclo cunha pequena escolma dos seus traballos. Na primeira sesión temos:
“Dúas solucións para un problema” 1975 | 4 min
Sinopse
Kiarostami expón a súa tese da dobre elección ante calquera problema, cunha mirada cómica sobre como unha situación que a maioría de nós poderiamos considerar cotiá durante a nosa nenez e mocidade, pode abordarse de dous xeitos, presentando ante nós as dúas solucións posibles.
“A hora do recreo” 1972 | 14 min|
Sinopse
Cando soa o timbre da escola o pequeno Dara volta a casa tras ser catigado por romper un cristal da fiestra co seu balón. No camiño atopa outros nenos que xogan un partido de fútbol e non pode resistir a tentación de unirse.
“A experiencia” 1973 | 53 min
Sinopse
Mentres acada uns cartos traballando nun estudo fotográfico no que tamén durme, un orfo aspira a colleitar o seu soño: unha moza dunha escola da alta sociedade.
Máis
Hora
6 xuño, 2022 20:30(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes