Detalles do eventos
“ABUSOS E DESMÁNS” Neste ciclo amósanse algunhas das xerarquías máis comúns que estruturan a vida social en diversos contextos sociais e xeográficos. Preséntanse representacións que
Detalles do eventos
“ABUSOS E DESMÁNS”
Neste ciclo amósanse algunhas das xerarquías máis comúns que estruturan a vida social en diversos contextos sociais e xeográficos. Preséntanse representacións que se asumen, ás veces de xeito banal e outras aceptando os xogos de poder que rexen, mergullados na contorna. Evidéncianse dinámicas laborais, familiares, emocionais e sociais que agochan lóxicas que bordean o autoritarismo, pero que se camuflan de normalidade cotiá.
Nos filmes preséntanse personaxes vulnerables, atravesados por relacións de poder e dependencia nos seus diferentes ámbitos. Viven, pero non son libres. Vense na necesidade de aprender a tomar decisións para poder rexeitar as tiranías e ollar de fronte a súa vida con novos bríos.
“A MULLER QUE NUNCA EXISTIU”
Mehdi M. Barsaoui constrúe un alegato sobre a situación das mulleres nun universo patriarcal, asfixiadas por unha lóxica machista e violenta. O filme denuncia a realidade das mulleres que “desaparecen” sen que ninguén se preocupe pola súa localización. A corrupción policial preséntase como un mecanismo que perpetúa a inxustiza, mentres que o anonimato semella configurarse como unha posible vía para acadar certo xeito de liberación.

Hora
6 abril, 2026 20:30(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra