VIALIA
bannerPicnicSesions

Cine Fórum

02mai18:30Cine FórumACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:30(GMT+02:00) Museo Marco

Detalles do eventos

A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía organiza por terceiro ano consecutivo un ciclo de cine, aberto ao conxunto da cidadanía, que centra a ollada na presenza de mulleres científicas e tecnólogas na cinematografía. A actividade, patrocinada pola Unidade de Igualdade e dirixida polo experto docente en cine Alfonso Castaño, titúlase ‘(In)visibilidade das mulleres STEAM’ e inclúe, nesta edición, a proxección de dous filmes e dous documentais.

Nesta terceira sesión proxéctase o documental ‘Rafea: solar mama’ (Mona Eldaief, Jehane Noujaim, 2012), no que se conta a historia dunha muller beduína, Rafea, e as súas compañeiras, que teñen a oportunidade de ser formadas nun programa do Barefoot College (India) nas ferramentas da enxeñaría que lles permitan levar a luz ás súas aldeas.

Martes 2 de maio ás 18:30 h no MARCO.

Máis