
Cine Fórum-(In)visibilidade das mulleres
21abr18:30Cine Fórum-(In)visibilidade das mulleresACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:30
Detalles do eventos
2ª edición do cinefórum que organiza a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía. Proxectaranse 3 películas e 1 documental. O ciclo leva por título (In)Visibilidade das Mulleres
Detalles do eventos
2ª edición do cinefórum que organiza a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía. Proxectaranse 3 películas e 1 documental. O ciclo leva por título (In)Visibilidade das Mulleres STEAM, será no salón de actos do edificio do consorcio Zona Franca de Vigo.
A primeira sesión será o xoves 21 de abril ás 18:30h, coa proxección ‘En tierra de hombres’. Relata a vida da estadounidense Lois Jenson, unha das primeiras mulleres en traballar nunha mina e que, co apoio de compañeiras e compañeiros, promoveu a primeira demanda colectiva por acoso sexual. Dirixida pola cineasta Niki Caro, a cinta de 2005 está protagonizada por Charlize Theron, Frances McDormand, Sissy Spacek, Woody Harrelson, Sean Bean, Richard Jenkins, Jeremy Renner, Michelle Monaghan e Amber Heard.
O alumnado matriculado en titulacións das Escolas de Enxeñaría pode solicitar, pola asistencia e cubrir unha enquisa, a validación de 0,4 ECTS (11h). Debe inscribirse previamente en https://forms.gle/XwPY5NX9zGBWS7VK9
Máis

Hora
(Xoves) 18:30
Localización
Consorcio Zona Franca de Vigo
Rúa do Areal, 46, 36201 Vigo, Pontevedra