CONCERTOS CASTRELOS
DIA DE GALICIA

Este é un evento repetitivo

Ciclo Cine e lingua: Let's go to the Flicks!

14nov19:00Ciclo Cine e lingua: Let's go to the Flicks!ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) Edificio Redeiras

Detalles do eventos

Regresa o Ciclo de Cine e Lingua cunha edición centrada cinco en películas dirixidas por mulleres que se proxectarán en VO con subtítulos en español e a entrada é de balde. Será no Edificio Redeiras do Berbés ás 19:00.

Despois do parón pola pandemia, o Ciclo de Cine e Lingua regresa este outono cunha edición dedicada ás mulleres directoras. E farao nun novo escenario, ao trasladarse esta activdade do edificio Cambón á sede institucional da Universidade no Berbés. Deste xeito, e da man do Vicerreitoría de Extensión Universitaria, ao longo dos meses de novembro e decembro o edificio Redeiras acollerá as proxeccións de cinco películas en versión orixinal con subtítulos en español.

Co título Let’s go to the Flicks!, as datas desta décimo terceira edición do Ciclo de Cine e Lingua serán os martes 14, 21 e 28 de novembro e 5 e o 12 de decembro, sempre ás 19.00 horas e da man de Keith Payne, poeta e traductor que fai residencias con escritores galegos e irlandeses e que se ocupará de presentar as cintas de de moderar o coloquio posterior. As películas elixidas son unha selección das que conforman o documental Women Make Film do cineasta e crítico de cine británico-irlandés Mark Cousins, que se estreou por primeira vez no Festival de Cine de Venecia en 2018. O documental orixinal, de máis de 14 horas de duración, comprende o traballo de 183 directoras de todo o mundo e ofrece, en palabras da académica Laura Mulvey, “unha oportunidade sen precedentes para gozar da visión cinematográfica das mulleres e reflexionar sobre a forma en que as mulleres viron e de feito fixeron o mundo a través do cine, unha fonte de asombro e de especulación!”. Para esta nova edición do Ciclo de Cine e Lingua da Universidade de Vigo seleccionáronse cinco desas traballos, dirixidos por creadoras do Reino Unido, Estados Unidos, Alemaña e Irán. 

A entrada é de balde ata completar a capacidade da sala.

Cinco tardes de cine en versión orixinal

A primeira proxección, o vindeiro martes día 14, terá como protagonista a cinta de cine negro de 1953 de Ida Lupino, The Hitch-Hiker –a única película de noir clásico dirixido por unha muller–. O 21 proxectarase First Cow, dirixida en 2019 por Kelly Reichardt que narra a historia dun cociñeiro que viaxa ao Oeste para uniuse a un grupo de cazadores de peles en Oregón, onde só atopa unha verdadeira conexión cun inmigrante chinés que tamén busca a súa fortuna. O día 28 será a quenda de Ala & Alvi, dirixida por Cilio Barnard en 2021, unha oda á beleza das vidas desordeadas e imperfectas e á súa capacidade para converxer en momentos improbablemente perfectos. 

Xa no mes de decembro, o día 5 o público poderá asistir á proxección de The miseducation of Cameron Post, cinta dirixida pola directora iraní-estadounidense Desiree Akhavan que rastrexa as dúbidas e os desafíos dunha adolescente enviada a un centro de conversión homosexual na Montana dos anos 90. O ciclo pecharase o 12 de decembro con Farewell to Europe, de Maria Schrader, cinta que narra os anos de exilio na vida do famoso escritor xudeu austríaco Stefan Zweig, a súa loita interior pola “actitude correcta” ante os acontecementos da Europa devastada pola guerra e a súa busca dun novo fogar.

Programación

14 NOV. The Hitch-Hicker (1953) de Ida Lupina
21 NOV. First Cow (2019) de Kelly Reichardt
28 NOV. Ali & Ava (2021) de Clio Barnard
05 DEC. The Miseducation of Cameron Post (2018) de Desiree Akhavan
12 DEC. Farewll to Europe (2016) de Maria Schrader

Máis

Hora

14 novembro, 2023 19:00(GMT+02:00)

Localización

Edificio Redeiras

Praza do Berbés

Other Events