REVISTA SETEMBRO

Cine e deporte en Nigrán grazas ao Cinema a pedal

12ago19:00Cine e deporte en Nigrán grazas ao Cinema a pedalFESTIVAIS E FEIRAS | De balde19:00(GMT+02:00) A Foz, Ramallosa

Detalles do eventos

“A túa enerxía alimenta o cinema, pedalea para que prenda o proxector”. Esta é a premisa do festival de cine, deporte e medio ambiente ‘Cinema a Pedal’ que, por segundo verán consecutivo regresa a Nigrán novamente como única cita en España, nesta ocasión o sábado 12 de agosto desde as 22 horas no escenario ao aire libre do esteiro da Foz.

Tal e como xurdiu este evento promovido desde o Concello de Nigrán, a proposta é gozar dunha selección de películas de recoñecido prestixio que teñen como tema principal o uso de bicicletas. Nesta edición a curta Padre e hija, gañadora dun Oscar no ano 2000, e a longametraxe El niño de la bicicleta, dos irmáns Dardenne, Gran Premio do Xurado no Festival de Cannes 2011.

A gran diferencia é que o público debe pedalear nas 10 bicis facilitadas por Decathlon Vigo e Decathlon Nigrán para que a súa enerxía poña en funcionamento o proxector. O resultado é sorprendente: os asistentes aplauden o esforzo e van substituíndo aos primeiros ciclistas para que o filme non se deteña.

O Festival Cinema conxuga varios elementos: o amor polo cinema, o pracer de andar en bicicleta, a convivencia co medio ambiente, as vantaxes de levar unha vida saudable e a necesidade de utilizar enerxías renovables.

A programación inclúe desde as 19:00 horas o inicio da carga das baterías pedaleando e unha serie de actividades familiares. Ademais, no recinto instalarase un ecomercado de produtos de proximidade que poñen o foco nas vantaxes de levar unha vida saudable e na necesidade de usar enerxías renovables (neste apartado do festival colaboran entidades locais como a Cooperativa SomosTerra, Vanetta Food, Cervexa Artesá Banda ou La Isla de Tali).

Máis

Hora

12 agosto, 2023 19:00(GMT+02:00)

Localización

A Foz, Ramallosa

Paseo Torrente Ballester, 56, 36370 Nigrán, Pontevedra

Other Events