Cine e Ciencia: Mergúllate nos fondos mariños das Illas Cíes – A Movida

xullo, 2018

18xul21:00Cine e Ciencia: Mergúllate nos fondos mariños das Illas CíesCONFERENCIA | De balde21:00 Praza da Constitución

Máis

Detalles do evento

Esta conferencia está dentro do ciclo de charlas científicas ‘Falemos das Illas Cíes’ a través do cal poderemos coñecer dunha forma lúdica e divertida os valores naturais das illas.
A iniciativa é unha proposta do Concello de Vigo enmarcada dentro da candidatura ‘Illas Cíes Patrimonio da Humanidade’.

As conferencias terán lugar na praza da Constitución, o Mercado do Berbés e o Auditorio do Areal entre xullo e decembro e nelas participarán prestixiosos científicos que dunha maneira amena nos explicarán o tesouro que temos fronte as nosas costas.

A primeira charla terá lugar este mércores 18 ás 21:00 na praza da Constitución. Nesta ocasión na conferencia ‘Cine e Ciencia: Mergúllate nos fondos mariños das Illas Cíes’, os científicos e documentalistas Manuel E. Garci e José Irisarri, proxectarán en pantalla xigante un vídeo que amosa a excepcional riqueza dos fondos mariños das Illas Cíes, tanto pola beleza da súa paisaxe, como pola riqueza da súa biodiversidade.

Hora

(Mércores) 21:00

Lugar

Praza da Constitución

Praza da Constitución 36202 Vigo PO

X