>

Este é un evento repetitivo

03set19:00Cine ao aire libre na LaxeACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) CC A Laxe

Detalles do eventos

O centro comercial A Laxe abre setembro con dúas sesións gratuítas de cinema ao aire libre. Mufasa: El rey león proxectarase o xoves 3 e Romería, de Carla Simón e rodada en Vigo, o venres 4.

O cinema regresa á terraza de A Laxe para aproveitar as últimas tardes do verán. O centro comercial programa dúas proxeccións ao aire libre os días 3 e 4 de setembro, ambas ás 19:00 h, con propostas moi diferentes: unha aventura familiar ambientada na sabana africana e unha das películas españolas máis vinculadas a Vigo dos últimos anos.

O xoves 3 será a quenda de Mufasa: El rey león, película que amplía o universo do clásico de Disney para regresar á xuventude de Mufasa e descubrir a súa historia antes de converterse no rei que coñecemos. Unha proposta pensada especialmente para compartir en familia.

O venres 4 proxectarase Romería, o terceiro largometraxe de Carla Simón, directora de Verano 1993 e Alcarràs. Un drama familiar e íntimo no que Marina, unha moza de 18 anos adoptada de pequena, viaxa a Vigo para coñecer por primeira vez á familia do seu pai biolóxico e reconstruír a memoria dos seus pais a través das lembranzas dos seus familiares e do diario da súa nai.

Hora

3 setembro, 2026 19:00(GMT+02:00)

Localización

CC A Laxe

Rúa Cánovas del Castillo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events