maio, 2019

19mai20:00CINCO MULLERES QUE COMEN TORTILLATEATRO | Desde 8,00€20:00 Sala Ártika

Máis

Detalles do evento

Ano 1956, América.

A Sociedad de Susan B. Anthony das Irmás de Gertrude Stein celebra o seu tradicional concurso anual de tortillas. Este idílico encontro, no que renderán culto a un dos produtos máis marabillosos do mundo: o ovo, vese truncado cando as mulleres teñen que enfrontarse á caída dunha bomba atómica na súa localidade. Son as últimas superviventes e o medo trae confesións e historias do pasado que farán que cada vez se reafirmen máis na idea de que a tortilla é o máis importante que teñen nas súas vidas.

Cinco mulleres que comen tortilla é unha comedia delirante e enxeñosa que destaca pola reivindicación dos principios do colectivo LGBTI e das mulleres homosexuais a través do humor. A liberdade, a relixión, o feminismo, as moralidades o medo ao descoñecido son os motores desta obra na que se integra ao público desde que entran pola porta asignándolles un nome. Cada un dos espectadores é unha máis das irmás, unha máis das viúvas convidadas ao concurso de tortillas da Susan B. Anthony das Irmás de Gertrude Stein.

Hora:

  • Venres, 17 de Maio ás 21:30h
  • Sábado 18 de Maio ás 21:30h
  • Domingo 19 de Maio ás 20:00h

Hora

(Domingo) 20:00

Lugar

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

X