Cinco meses de concertos no CSMV co Festival Nas Ondas
Detalles do eventos
O Conservatorio Superior de Música de Vigo (CSM de Vigo) presenta o IX Festival de Música e das ArtesNAS ONDAS, que se desenvolverá entre
Detalles do eventos
O Conservatorio Superior de Música de Vigo (CSM de Vigo) presenta o IX Festival de Música e das Artes
NAS ONDAS, que se desenvolverá entre o 20 de febreiro e o 11 de xuño de 2024.
NAS ONDAS ofrecerá na súa novena edición unha programación variada que acentúa os seus acenos de
identidade: a produción propia, a presenza de intérpretes procedentes de diferentes institucións europeas e a
posta en valor da música galega.
Os 41 eventos, gratuítos e de libre entrada ata completar aforo, celebraranse principalmente no Auditorio
Martín Códax aínda que tamén na Igrexa de San Francisco de O Berbés e o Auditorio Praza do Rei. No
festival danse cita concertos, obradoiros, clases maxistrais e relatorios articulados en distintos ciclos: De
Piano, Semana da Música Antiga, V Semana Internacional do Clarinete, PercusiónFest, Saxornadas,
Explurart, Abrente e Semana das Letras Galegas.
A próxima semana, o 20 e 22 de febreiro ás 20 horas, o Auditorio Martín Códax será protagonista de dous
concertos inéditos que inauguran a novena edición do festival NAS ONDAS, a cargo de 8 profesores ucraínos
que viaxan a Vigo para render un novo agradecemento á cidade a través da interpretación dun repertorio
variado en diferentes formacións instrumentais con violoncelo, frauta e piano, así como a dous pianos.
“Ademais de contar coa experiencia docente, que é de alta calidade, poderase vivir de primeira man as súas
experiencias vitais de como afecta as súas vidas persoais e laborais a terrible situación de estar a vivir unha,
e nunha guerra”, afirma Esteban Valverde, director do Conservatorio Superior de Música de Vigo
Máis
Hora
20 febreiro, 2024 20:00(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Martín Códax
Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes