REVISTA ABRIL

Cíes Talent

22out(out 22)10:00Cíes TalentARTE E MUSEOS | De balde10:00(GMT+02:00) Navia

Detalles do eventos

O certame, comisariado por Powone, empeza o venres 22 co inicio dos murais por parte dos sete artistas seleccionados nas paredes de Navia. Ademais, haberá talleres para mozos.

O sábado, ademais de finalizar os muros, celebrarase o “Cíes Talent Meeting”, un encontro entre novos talentos emerxentes e artistas internacionais consagrados. O domingo, segundo indicou o comisario, presentaranse os murais e o público poderá gozar deles. “O noso obxectivo é que estas pezas vaian evolucionando con distintas intervencións e perduren no tempo”, indicou Powone.

Pola súa banda, o “Cíes Talent Cómic”, comisariado polo debuxante Kiko Dasilva, seleccionou sete propostas que teñen como temática as illas Cíes e abordan desde a súa historia e lendas aos aspectos de natureza e ambientais. “Este proxecto vai amosar o nivel tan alto de autores de cómic que hai en Galicia; non temos nada que envexar nin a Madrid nin a Barcelona”, advertiu Dasilva.

Os seleccionados teñen dous meses para terminar o cómic e posteriormente realizarase un libro conxunto con todas eles “que apadriñará un autor de máximo prestixio”, apuntou o comisario.

Máis

Hora

22 (Venres) 10:00(GMT+02:00)

Localización

Navia

Rúa das Teixugueiras, 12-28 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events