CIENCIA SINGULAR – A Movida

novembro, 2018

09nov16:00CIENCIA SINGULARTALLERES E VISISTAS | De balde16:00 Escola de  Telecomunicacións

Máis

Detalles do evento

Actividades:
Realizaranse unha serie de demostracións prácticas e pedagóxicas para facer comprender a todas as persoas interesadas o funcionamento de aspectos como:

– Redes de comunicación 5 G.
– Comunicacións ópticas. Nesta actividade comprobarase de forma didáctica como é posible escoitar música cando o son é transmitido a través dun láser.
– Se o vexo non o creo. Con este taller demostrarase o funcionamento das ferramentas de análise forense de contidos multimedia, detectando manipulacións en fotos e vídeos imperceptibles para o ser humano.
– Apps accesibles. Ensinaranse aplicacións móbiles desenvoltas para facilitar a expresión oral, empregadas na maioría dos casos por alumnado con necesidades específicas de apoio educativo asociadas a discapacidades ou dificultades específicas de aprendizaxe.
– Intelixencia artificial aplicada á comunicación, cunha aplicación que facilita a xeración de frases a través da selección de pictogramas para que persoas con deficiencias comunicativas cren frases de forma automática, rápida e sinxela.
– Demostración de recoñecemento do fala e de persoas en contidos audiovisuais.
– Nanosatélites. Membros de atlanTTic levan desde 2007 desenvolvendo nanosatélites baixo o estándar CubeSat, sendo responsables do lanzamento ao espazo en 2012 de Xatcobeo, o primeiro nanosatélite español. Este ano lanzarase o cuarto.

Visitas guiadas:

Durante esta xornada poderase tamén visitar os nosos laboratorios e espazos como:

Visita guiada ao Laboratorio de seguimento de satélites , que conta cun gran número de antenas e un moderno equipamento electrónico que permite participar en todas as etapas que seguen ao lanzamento dunha misión espacial,
Visita aos laboratorios de acústica, onde se poderá coñecer a cámara semianecoica e distintas instalacións.

Horario e lugar:

De 16.00 a 19.30
Nas instalacións de atlanTTic na Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo.

Esta xornada está enmarcada no programa de actividades de divulgación científica e tecnolóxica Ciencia Singular, que busca dar a coñecer á sociedade o traballo desenvolto nos tres centros singulares de investigación da universidade viguesa: atlanTTic, o Centro de Investigación Mariña (CIM) e o Centro de Investigacións Biomédicas. Sen dúbida unha gran iniciativa que nos pediron difundir e facemos encantados.

Hora

(Venres) 16:00

Lugar

Escola de  Telecomunicacións

Campus Lagoas-Marcosende, Rúa Maxwell, s/n, 36310 Vigo, Pontevedra

X