Ciencia no Magosto
13nov11:30Ciencia no MagostoPEQUERRECHOS | De balde11:30(GMT+01:00) Navia
Detalles do eventos
A Consellería de Normalización lingüística organiza unha serie de actividades infantís para celebrar o magosto durante os vindeiros días 12 e 13 de novembro. Ciencia
Detalles do eventos
A Consellería de Normalización lingüística organiza unha serie de actividades infantís para celebrar o magosto durante os vindeiros días 12 e 13 de novembro.
Ciencia no Magosto, en colaboración con Ceo Aberto, son unha serie de obradoiros que mesturan experimentos científicos sinxelos con actividades relacionadas co magosto e a tradición desta festa.
• FIGURAS DO MAGOSTO: Utilizando modelos exclusivos, crearemos pequenas figuras recortables inspiradas nos elementos tradicionais do magosto. Os elementos, unha vez construídos, incorporarán un sistema de iluminación led creado pola rapazada participante.
Idades: Desde 6 anos
• EXPLORANDO OS BOSQUES: No obradoiro, os asistentes prepararán un chan comestible que levarán para casa. Isto nos permitirá falar dos bosques e a importancia do solo e a súa evolución para os ecosistemas.
Idades. Desde 3 anos
• MUNDOS ELÉCTRICOS: Os nenos e nenas participantes na actividade explorarán a electricidade e as súas características, a través de xogos e experimentos sinxelos. Para acabar, construiremos figuras con luz relacionadas co magosto.
Idades. Desde 3 anos
• RECORDO DO MAGOSTO: Na actividade, exploraremos as propiedades dos polímeros mentres reflexionamos sobre as súas implicacións medio ambiente. Para finalizar o obradoiro, utilizando un plástico termo moldeable toda a rapazada participante creará un colgante de recordo.
Idades. Desde 3 anos
Cada actividade ten una duración de 15-20 minutos
HORARIOS
- O Berbés
- 12 de novembro de 11.30h a 13h
- 13 de novembro de 17.30h a 19h
- Navia
- 12 de novembro de 17.30h a 19h
- 13 de novembro de 11.30 a 13h
Máis
Hora
13 novembro, 2022 11:30(GMT+02:00)
Localización
Navia
Rúa das Teixugueiras, 12-28 36212 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes