Ciencia na rúa

07out16:30Ciencia na rúaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde16:30(GMT+02:00) Príncipe

Detalles do eventos

Un ano máis, o CINBIO celebra o seu ciclo “Ciencia con C de CINBIO” cos obxectivos de dar a coñecer ao público xeral, as investigacións e a ciencia que se está a levar a cabo na actualidade no centro, dando visibilidade ao traballo diario do #teamCINBIO.

Con todas estas actividades, o CINBIO quere compartir un ano máis a ciencia coa sociedade en xeral, para que calquera persoa poida acceder de primeira man ao proceso de xeración de coñecemento na investigación.

O venres 7 de outubro en horario de tarde haberá unha carpa a pé de rúa na cidade de Vigo, na rúa Príncipe (diante da sede do Celta). Como o ano pasado, a carpa estará montada de 16:30h a 20:30h con persoal do #teamCINBIO informando sobre o centro e ofrecendo pasatempos: minixincana científica, xogos de preguntas, etc. cuxos gañadores levaranse diferentes agasallos.

Máis

Hora

(Venres) 16:30(GMT+02:00)

Localización

Príncipe

Rúa do Príncipe 36202 Vigo Pontevedra

Other Events