REVISTA FEBREIRO

22xan10:00Ciencia con experienciaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde10:00(GMT+01:00) Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur

Detalles do eventos

O Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur no Hospital Álvaro Cunqueiro ofrece actividades didácticas para maiores de 70 anos, con varios obradoiros de mañá.

IMPRESCINDIBLE INSCRIPCIÓN PREVIA. Inscripciones: ucc@iisgaliciasur.es o no 686 202 807 (llamadas, WhatsApp y Telegram)

A programación:

Benvida ás persoas visitantes, cunha breve presentación do centro e introdución ás actividades. Distribución en grupos para a realización dos obradoiros.

OBRADOIRO | Segredos microscópicos: Descubrindo as nosas células.
As persoas participantes poderán observar ao microscopio as súas propias células. Para iso, deberán extraelas da súa mucosa oral e aplicarlles unha tinguidura rápida para poder velas con claridade.

OBRADOIRO | Observando o noso interior: Do órgano á célula.
O obxectivo do obradoiro é que as persoas participantes poidan observar un tumor pulmonar en relación co resto do pulmón san. Explicarase como se manipula o órgano ata a obtención de mostras observables ao microscopio.

OBRADOIRO | Visita a un Banco de cerebros.
As persoas participantes coñecerán un biobanco, os seus obxectivos e funcionamento, e afondarán no que é un banco de cerebros. Coñecerán a súa rutina e os seus almacéns de mostras. Tamén poderán ver como se realiza unha disección cun microdisector láser.

Café e peche da xornada

Hora

22 xaneiro, 2026 10:00(GMT+01:00)

Localización

Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur

Hospital Álvaro Cunqueiro - Bloque Técnico - Planta 2 Estrada Clara Campoamor nº341

Other Events