VIALIA
bannerPicnicSesions

Ciclo Mulleres: 'Toni Erdman'

22mar19:30Ciclo Mulleres: 'Toni Erdman'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+01:00) Sede Afundación

Detalles do eventos

Este ciclo enmárcase en Cultura por alimentos, unha iniciativa de Afundación en prol de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos). O acceso a cada unha das sesións será a cambio da entrega dalgún alimento non perecedoiro, que irá destinado ao banco de alimentos local. Imprescindible reserva previa en ataquilla.com, sen custo.

Elas volven ser as protagonistas do noso ciclo de cine. Tres películas que dan voz a mulleres valentes, atrevidas, loitadoras… Este ciclo xira arredor da muller e trata temas como a reivindicación de dereitos, o voto, a soidade ou o traballo digno. Un ciclo transversal que ten como eixo vertebrador o empoderamento das mulleres no mundo

22 marzo | 19.30 h

Toni Erdman
Maren Ade | Alemaña | 2016 | 156 min | NRM 16

Ines leva unha vida perfectamente ordenada centrada no seu traballo. A súa existencia vese conmocionada pola visita do seu pai, do que se avergonza pero que a axudará a dar un novo sentido á súa vida a través dun personaxe imaxinario.

29 marzo | 19.30 h

La favorita (The Favourite)
Yorgos Lanthimos | Reino Unido | 2018 | 115 min | NRM 12

A comezos do XVIII, Inglaterra está en guerra con Francia e a enfermiza raíña Anne delega as súas responsabilidades na súa amiga Lady Sarah. A chegada dunha doncela dotada dun talento especial, Abigail, pon en perigo a posición de Sarah.

5 abril | 19.30 h

Una cuestión de género (On the Basis of Sex)
Mimi Leder | Estados Unidos | 2018 | 210 min | TP

Biopic sobre Ruth Ginsburg, a segunda muller na historia que exerceu como xuíza no Tribunal Supremo dos EE. UU. Ruth abriu o camiño para a igualdade nos Tribunais cun singular caso sobre discriminación de xénero.

VDE con subtítulos en español.

Máis

Hora

(Martes) 19:30(GMT+01:00)

Localización

Sede Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 24-26, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events