06dec21:00Alice WonderCONCERTOS | Desde 22,00€21:00(GMT+01:00) Island Club
Detalles do eventos
Con apenas 24 anos, a artista e compositora irrompeu con forza na escena musical cunha madurez artística que pode chegar a asustar aos máis veteranos. Irrompeu desde internet
Detalles do eventos
Con apenas 24 anos, a artista e compositora irrompeu con forza na escena musical cunha madurez artística que pode chegar a asustar aos máis veteranos. Irrompeu desde internet co single ‘Take Off’ e o impresionante álbum Firekid. Participa en numerosos festivais do país e colabora con artistas como Xoel López ou Rayden. Alice Wonder é unha das artistas imprescindibles da escena estatal actual.
O Ciclo Momentos Alhambra pecha a súa programación galega cun concerto de Alice Wonder que terá lugar o vindeiro sábado día 6 en Vigo. Island Club acollerá un dos directos máis persoais e magnéticos do panorama estatal, onde conflúen o minimalismo instrumental, a potencia vocal e unha posta en escena hipnótica.
Con temas do seu álbum Que Se Joda Todo Lo Demás, esta artista e compositora, que irrompeu con forza na escena musical cunha gran madurez artística, pon o broche final ao ciclo musical impulsado por Cervezas Alhambra.
No ano do seu centenario, a marca programou un total de sete concertos en diferentes cidades galegas da man de artistas como Arco, Sanguijuelas del Guadiana, Inazio, MELIFLUO, L.A. e Luis Fercán.
Hora
6 decembro, 2025 21:00(GMT+01:00)
Localización
Island Club
Pr. da Estrela, 8, Santiago de Vigo, 36201 Vigo, Pontevedra



