febreiro, 2019

22feb(feb 22)11:0002xuñ(xuñ 2)14:30Ciclo Metrópole: 'A Árbore da vida'EXPOSICIÓN | De balde(febreiro 22) 11:00 - (xuño 2) 14:30 Museo Marco

Máis

Detalles do evento

O ciclo Metrópole naceu cun dobre obxectivo: facer unha viaxe ao pasado, ao Vigo dos anos vinte, cando se estreou na cidade o filme de Fritz Lang Metropolis; e a un tempo ofrecer unha visión do panorama artístico galego actual. A proposta comprende unha serie de exposicións individuais, como visión do presente, e unha parte común a todas as mostras, como referencia do pasado.

Tras a exposición Rara Avis ,do pintor Santiago Montesé a quenda do escultor Álvaro de la Vega, que trae ao primeiro andar do MARCO case 400 figuras de madeira ata o 2 de xuño. Baixo o título A Árbore da vida, a mostra reúne un bo número de pezas escultóricas procedentes da colección do artista que conforman a grande instalación, producida especificamente para este proxecto.

A madeira é para Álvaro de la Vega moito máis ca unha simple alternativa. É a substancia idónea, o material óptimo, a materia prima perfecta para a transformación. Desta forma, nunha das salas tamén poderemos ver un vídeo que nos mostra ao artista traballando con este material. A mostra é dunha gran crueza, sen máis ornamentación que as propias figuras con lixeiros toques de pintura en roupa interior e beizos femininos. Sutil iluminación que non enmascare as cicatrices do traballo, os golpes asestados pola ferramenta e sen cartelería, xa que todas as diferentes figuras forman unha soa única obra. Como reza unha das frases na parede, a exposición é como un río: a priori monótono, pero se nos achegamos poderemos apreciar infinidade de detalles e matices.

A obra poderá visitarse ata o 2 de xuño nos seguintes horarios: de martes a sábados (festivos incluídos), de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 21:00, e domingos de 11:00 a 14:30.

Hora

Febreiro 22 (Venres) 11:00 - Xuño 2 (Domingo) 14:30

Lugar

Museo Marco

Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

X