11xuñ19:30Ciclo Memoria DemocráticaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) MARCO
Detalles do eventos
Imaxe destacada: ‘Algareos dos falanxistas’, de Conde Corbal | Fotografías poñentes: Pablo Vázquez A actividade estrela destes próximos trimestres no Ateneo é un ciclo de
Detalles do eventos
Imaxe destacada: ‘Algareos dos falanxistas’, de Conde Corbal | Fotografías poñentes: Pablo Vázquez
A actividade estrela destes próximos trimestres no Ateneo é un ciclo de conferencias sobre a Memoria Democrática preparadas pola Comisión de Pensamento e Debate da asociación.
O ciclo nace con vontade de combater a desinformación “dos bulos ou falsos mitos creados pola propaganda do propio réxime, nunha campaña de branqueamento do franquismo que tenta espallas nas novas xeracións a desafección pola democracia”. Para iso, contarase con vítimas (e das súas amizades e familiares) da provincia de Pontevedra tras o golpe de estado do 36 e na ditadura.
O obxectivo é que a sociedade “recoñeza o valor daqueles homes e mulleres que loitaron e sofreron pola libertade”. O ciclo está comporto por seis charlas en diferentes preséntase en diversas sedes da cidade. Dúas das actividades estarán especificamente dirixidas ao alumnado e realizaranse en institutos de ensino.




Programa:
Xoves 22 de xaneiro , 19.30 h – Auditorio Marco – O papel da investigación na Memoria Democrática – Conchi López Sánchez, Montse Fajardo
Martes 10 de febreiro, 19.30 h – Aula Praza da Miñoca – Vítimas do golpe de estado. Testemuña de familiares e amigos – Manuel Bragado, Pepe Álvarez Cáccamo, Jacinto Mosquera, Xavier Moreda
Mércores 25 de marzo, 14.50 h – IES Politécnico – A represión franquista nos campos de concentración – Cristina Caramés, XM Domínguez Freitas (con proxección de vídeo)
Martes 14 de abril, 12.50 h – IES O Castro – Regreso á Illa de San Simón. Presentación Banda Deseñada – Kiko da Silva
Mércores 15 de maio, 19.30 h – Salón de actos da ONCE – Perseguidos da ditadura (1950–1975) – Carlos Núñez, Miguel A. Gómez “Gus”, Silvia Fernández Quinteiro, Flor Baena
Xoves 11 de xuño, 19.30 h – Salón de actos Marco – O dereito á memoria, á dignidade e á reparación – Francisco Etxeberria Gabilondo (antropólogo forense)
Hora
11 xuño, 2026 19:30(GMT+02:00)
Localización
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra


