FAITE AMOVIDALOVER

Este é un evento repetitivo

02mar20:30Ciclo Febreiro Cine Lumièreactividades para o coco | 6,00 €20:30(GMT+01:00) Auditorio Concello de Vigo

Detalles do eventos

“ENTRE SOÑOS E DESEXOS”

Neste ciclo amosamos personaxes cuxo carácter soñador funciona como motor vital, aínda que non sempre proporciona benestar. Semella que o impulso dos desexos debe ser desenvolvido como enerxía para crecer, evolucionar, aprender, e transformarse, sen que o obxectivo sexa unha meta final, senón unha elección diaria. Calquera soño ou desexo precisa do seu contraste coa realidade e de atopar unha boa dose de pragmatismo que axude a superar a frustación cando non se chega á meta. Esta é a batalla das personaxes que ollaremos nos filmes do ciclo, a loita para equilibrar as ansias cunha realidade terca, que non o pon fácil, pero que tratan de superar.

“Paul and Paulette take a bath”, Relato amoroso case enmarcado nun cadro surrealista e retorcido, unha fermosa mestura entre o pasado e o presente, entre o amor e o funesto, entre París e Londres… Que pode saír mal? humor negro, coqueteos coa ensoñación e a deliciosa extravagancia retro.

“Viet and Nam”, é a segunda longametraxe de Truong Minh Quý, un poema sobre a necesaria memoria colectiva dunha comunidade. Construída de xeito de ritual, na busca dos espazos que agochan os traumas da propia historia.

“A vida soñada de Miss Fran”, a cineasta Rachel Lambert, céntrase nas pequenas cousas cotiás que aportan alegría á vida, “neses aspectos da vida humana que a miúdo pasamos por alto ou damos por sentado, e que están cheos de carácter, humanidade ou humor”.

“A savana e a montanha”, o director na presentación do filme dixo “tras falar con xeógrafos, arquitectos, inxenieiros, e coa xente que sobrevive alí e as actividades ancestrais que florecen en Covas do Barroso, decidín sumarme á loita por defender este xeito de vida. O cinema ten unha responsabilidade de compromiso da que non podo fuxir, no meu traballo quero estar ao lado das persoas, sen sucumbir ás políticas económicas ou especulativas dos que non coñecen nen habitan o territorio.”

Hora

2 marzo, 2026 20:30(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Concello de Vigo

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events