O evento xa tivo lugar!
Ciclo Emocións e Soidades: '(Re)coñecendo as soidades'
Detalles do eventos
Afundación, a Obra Social de ABANCA, en colaboración con Matia Instituto, abre o ciclo ‘Emocións e soidades’. O ciclo abrangue diferentes actividades divulgativas para todo tipo de públicos,
Detalles do eventos
Afundación, a Obra Social de ABANCA, en colaboración con Matia Instituto, abre o ciclo ‘Emocións e soidades’. O ciclo abrangue diferentes actividades divulgativas para todo tipo de públicos, que pretenden invitar á reflexión sobre as soidades no envellecemento e a imaxe social e estereotipos cara á vellez, ambos os temas, relevantes tanto para as persoas maiores como para a sociedade no seu conxunto.
Comeza o mércores 5 de maio coa conferencia-coloquio ‘(Re)coñecendo as soidades‘, que se emitirá en directo a partir das 19:00 en Afundación TV. Os expertos Mayte Sancho, Sara Marsillas e Daniel Prieto conversarán sobre o fenómeno da soidade e as súas diferentes facetas entre as persoas que envellecen, os estereotipos e o estigma que asocia vellez e soidade, a importancia do pouso cultural na súa percepción ou a forma de previr e apoiar as persoas maiores que se senten soas.
Máis
Hora
5 maio, 2021 19:00(GMT+01:00)
Detalles do evento virtual
RUN
Séguenos nas redes