
Este é un evento repetitivo7 marzo, 2023 19:0021 marzo, 2023 19:00
Detalles do eventos
Desde o Ateneo Atlántico están a organizar un ciclo de charlas para achegarse á idea do “decrecemento”, un debate aberto hai algún tempo entorno á limitación dos recursos
Ciclo 'Do mito de crecemento ao decrecemento'
Desde o Ateneo Atlántico están a organizar un ciclo de charlas para achegarse á idea do “decrecemento”, un debate aberto hai algún tempo entorno á limitación dos recursos naturais e como nos afecta no noso día a día.
Agora que o tema das enerxías renovables está tan moda e a axenda verde tan estendida, é importante entender as implicacións que teñen.
Para falar de todo isto o Post-Growth Innovation Lab da Universidade de Vigo, ECOBAS (centro de investigación interuniversitario de Galicia), a Rede do Decrecemento e o Ateneo Atlántico xuntan recursos e propoñen as seguintes sesións para os martes de marzo:
• 7 de marzo => Que é o decrecemento e por que é necesario?
• 14 de marzo => Limitacións das enerxías alternativas e condicionamento do futuro industrial
• 21 de marzo => Vantaxes e inconvenientes da economía circular
Todas elas serán na Facultade de Comercio (Rúa Torrecedeira 105) ás 19:00h. A entrada por suposto é aberta e para todos os públicos.

Máis

(Martes) 19:00
Facultade de Comercio (Torrecedeira)
Rúa do Conde de Torrecedeira, 105, 36208 Vigo, Pontevedra