REVISTA ABRIL

Ciclo de outono da OV430: 'Música de cine'

15dec20:00Ciclo de outono da OV430: 'Música de cine'CONCERTOS | De balde20:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Este mércores 15 de decembro chega a última oportunidade para gozar do Ciclo de Outono da Orquestra Vigo 430 -algo posible grazas ao apoio da Concellería de Cultura do Concello de Vigo-. Será co concerto máis especial, ‘Música de cine’, e celebrarase no Auditorio do Concello a partir das 20:00 horas.

Trátase dun dos concertos máis significativos na historia da Ov430, sobre todo no sentimental. A homenaxe a Ana Novoa, cuxa figura resulta imprescindible no proxecto da formación viguesa. Un programa que estaba previsto que se interpretase meses atrás, pero que tivo que pospoñerse debido á pandemia. Un programa froito, precisamente, do árduo traballo de Ana Novoa, quen fose xerente da OV430 desde practicamente a súa composición ata hai apenas uns meses. Con este concerto, a Orquestra Vigo 430 quere agradecerlle o agarimo, a xenerosidade, a entrega, o entusiasmo, e o traballo durante todos estes anos.

Neste concerto, gozaremos do compositor vigués e gran especialista en música de cinema Brais González. Da súa man, faremos unha travesía de máis de seis décadas percorrendo os principais expoñentes cinematográficos e musicais da historia de Hollywood. Un camiño singular no que poderemos comprobar de primeira man o desenvolvemento da música composta para a imaxe ao longo dos anos, así como que a música de concerto foi sempre inspiración para os creadores de bandas sonoras. Á batuta estará novamente a gran Isabel Rubio, Directora Asociada da Orquestra Vigo 430.

A cita terá lugar este mércores 15, a partir das 20:00 horas, no Auditorio Municipal do Concello de Vigo. A entrada ao concerto será gratuíta, pero será necesaria reserva. A mesma pode formalizarse en reservas@vigo430.com, ata completar aforo.

Para quen non poidan facerse cunha localidade ou achegarse ao concerto, a OV430 estableceu un acordo de colaboración coa plataforma ‘Tolemias’, e o concerto poderá seguirse en streaming.

PROGRAMACIÓN
– 18 de setembro: ‘A percusión arredor do mundo’
– 24 de outubro: ‘As catro estacións segundo Piazzolla’
– 13 de novembro: ‘Contos de fadas’
– 15 de decembro: ‘Música de cine’

Máis

Hora

(Mércores) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events