>
Detalles do eventos
O Centro de Documentación e Recursos Feministas organiza unha nova sesión do seu ciclo de faladoiros baixo o título ‘As mulleres na opinión galega: as cotas e o
Detalles do eventos
O Centro de Documentación e Recursos Feministas organiza unha nova sesión do seu ciclo de faladoiros baixo o título ‘As mulleres na opinión galega: as cotas e o elefante rosa’. O encontro contará coa intervención de Cláudia Morán Mato, xornalista e comunicadora que compaxina o seu traballo en comunicación corporativa con colaboracións en medios como ‘Nós Diario’, ‘O Salto Galiza’, ‘La Marea’ ou a ‘Revista Luzes’.
Morán Mato foi galardoada co XXII Premio Johan Carballeira de Xornalismo e o V Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no Tratamento da Violencia Machista, amais de ser finalista do Premio Fernández del Riego en 2021 e 2022. Ademais, forma parte do colectivo Xornalistas Galegas e do proxecto multiplataforma ‘Habitar o baleiro’.
Hora
12 maio, 2026 19:00(GMT+02:00)
Localización
Biblioteca Juan Compañel
Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xuño


